Localización
Está situada entre as mámoas GA36045046 (ao oeste) e GA36045045 (ao sueste), a 150 metros de distancia da mámoa do Rei.

Descrición
alcanza os 16 m de diámetro e 90 cm de altura do túmulo.
O túmulo quedou seccionado no lado do nacente por un camiño que arrasou un terzo da mámoa.
No seu interior aínda se pode adiviñar unha lousa pertencente á cámara do dolmen, e dispersos sobre o túmulo hai cachotes pequenos que pertencen seguramente á coiraza da mámoa, que foron colocados na súa orixe para soster a masa de terra tumular.
Máis información
Galería de imaxes
Ficha do catálogo do PXOM de Redondela