Localización
Esta mámoa pertence á Ruta 2 da mámoas de Monte Penide.
Está situada a 120 m ao norte da mámoa do Rei. Ocupa un lugar central entre varias mámoas que a arrodean.
Está a 40 m da Mámoa GA36045075; 60 m da Mámoa GA36045047; e 50 m da Mámoa GA36045044.

Descrición
Ten unhas considerables dimensións, xa que chega aos 20 m de diámetro, aínda que o túmulo só sobresae 1 m de altura da superficie do terreo. Non conserva ningunha lousa no seu interior.
Presenta un cono central de espoliación que acada os 4,5 m de diámetro.
O poste de pedra de granito que hai preto desta mámoa forma parte dunha liña de marcos divisorios entre as parroquias de Negros e Trasmañó.
Máis información
Ficha do catálogo do PXOM de Redondela