Localización
Esta mámoa sitúase a 160 metros ao norte da mámoa do Rei e a apenas 28 metros do camiño que percorre esta extensa chaira neolítica.
Preto desta mámoa tamén se sitúan outras sete mámoas: a 50 m ao noroeste está a Mámoa GA36045037; xusto 30 m ao norte vese a Mámoa GA36045036; 50 m ao nordés está a Mámoa GA36045035; 45 m tamén ao nordés está a Mámoa GA36045038, cortada pola metade polo camiño; ao sur, ten moi próxima da pequena Mámoa GA36045044; 50 m ao sueste está a Mámoa GA36045045; e 60 m ao oeste sitúase a Mámoa GA36045075.

Descrición
Ten un diámetro grande que chega aos 29 m e unha altura de 1,25 m. Estamos, polo tanto ante unha das grandes mámoas desta chaira neolítica. Unha boa parte das mámoas que a arrodean tamén están en medidas que se achegan ao 30 m de diámetro.
No centro localízase un cono de espoliación de 4,25 x 5,10 m e 0,80 m de fondo. Nel afloran restos graníticos de variado tamaño pertencentes á arquitectura orixinal ou ao seu revestimento. O terreo, alterado por tobos, amosa unha terra fina de cor parda clara.
Máis información
Ficha do catálogo do PXOM de Redondela