Patrimonio cultural e lingua

Mámoa GA36045035

Trasmañó, Redondela

Localización

Localizamos esta mámoa á beira do camiño que percorre o centro desta chaira tumular, a 240 metros de distancia da mámoa do Rei.

Ao seu arredor encóntranse outras mámoas a distancias moi curtas da súa posición: ao seu sueste, na actualidade a 13 metros, está a mámoa GA36045038; no pasado, antes de existir este camiño que cortou pola metade esta mámoa veciña, estaban case apegadas; a uns 30 metros en dirección oeste está a mámoa GA36045036; a 40 metros en dirección noroeste está a mámoa GA36045034; a 40 metros en dirección norte atópase a mámoa GA36045033; e a 30 metros en dirección leste está a mámoa GA36045039. Como pode observarse, a maioría delas entre os 30 e 40 metros de distancia ao seu arredor.

Descrición

O seu tamaño chega aos 30 m de diámetro e 1,80 m de altura. Esta é, por tanto, outra das grandes mámoas que hai neste conxunto tumular, tanto pola súa dimensión, como pola altura que acada a masa de terra que conserva.

No seu interior posúe tres chantos de pedra, inclinados, que miden entre 90 cm e 1,20 m de altura á vista.

Espallados pola superficie do túmulo poden observarse numerosos restos de seixo, que puideron formar parte da coiraza da mámoa.

Máis información

Galería de imaxes

Ficha do catálogo do PXOM de Redondela

Compárteo

Preme na icona do servizo polo que queiras compartir a páxina na que estás agora mesmo.

O autor

Avatar de Xosé Couñago

Xosé Couñago
Profesor e divulgador cultural