Localización
Esta mámoa está rodeada de varias mámoas moi próximas entre si. Forma un grupo con outras catro mámoas situdas xa na beira do camiño correspondente á parroquia de Negros.
Está situada a uns 40 metros ao noroeste da mámoa GA36045040; a uns 50 metros ao oeste da mámoa GA36045041; a uns 30 metros ao suroeste da mámoa GA36045042; a 25 metros ao nordeste da mámoa GA36045038 e a 30 metros ao leste da mámoa GA36045035.

Descrición
Ten un diámetro de 29 m e unha altura de 1,10 m.
O túmulo está bastante deteriorado, mais podemos observar ata tres chantos de pedra que sobresaen sobre o túmulo.
Nos arredores da mámoa hai outras tres lousas que puideron pertencer a ela.
Máis información
Ficha do catálogo do PXOM de Redondela