Localización
Esta mámoa está situada a 70 metros da pista de terra.
Forma un conxunto con outras cinco mámoas desta mesma contorna.
Ao seu arredor podemos distinguir a 55 metros ao oeste a mámoa GA36045038,cortada polo camiño; a 25 metros ao noroeste divisamos a mámoa GA36045039; a 35 metros cara ao noroeste tamén temos a mámoa GA36045042; e a 20 metros ao nordeste está a mámoa GA36045041.

Descrición
Presenta un túmulo moi estragado do que só se conserva a metade.
Medía uns 30 m de diámetro e a altura do túmulo chega a 1,30 m de altura.
No burato interior poden observarse algunhas pedras quizais pertencentes á cámara do dolmen.
Podemos observar un cono de espolicación central de 1,50 m por 1,80 m e unha fondura de 0,50 que permite ver a composición da masa tumular (terra alaranxada con pedras de granito que puideron formar parte da coiraza) e algunhas rochas quizais pertencentes á cámara do dolmen.
Máis información
Ficha do catálogo do PXOM de Redondela