Patrimonio cultural e lingua

Mámoa GA36045041

Negros, Redondela

Localización

Esta mámoa está situada a 80 metros da pista de terra.

Forma un conxunto con outras cinco mámoas desta mesma contorna.

Ao seu arredor podemos distinguir a 80 metros ao suroeste a mámoa GA36045038,cortada polo camiño; a 30 metros ao oeste divisamos a mámoa GA36045039; a 15 metros cara ao oeste tamén temos a mámoa GA36045042; e a 20 metros ao suroeste está a mámoa GA36045040.

Descrición

Ten uns 15 m de diámetro e 75 cm de altura.
A vexetación pode impedir a súa localización, xa que sobresae pouco en altura sobre o terreo.
Non conserva ningún chanto de pedra no interior.

Máis información

Galería de imaxes

Ficha do catálogo do PXOM de Redondela

Compárteo

Preme na icona do servizo polo que queiras compartir a páxina na que estás agora mesmo.

O autor

Avatar de Xosé Couñago

Xosé Couñago
Profesor e divulgador cultural