Patrimonio cultural e lingua

Mámoa GA36045042

Negros, Redondela

Localización

Esta mámoa está situada a 45 metros da pista de terra.

Forma un conxunto con outras cinco mámoas desta mesma contorna.

Ao seu arredor podemos distinguir a 60 metros ao suroeste a mámoa GA36045038,cortada polo camiño; a 15 metros ao suroroeste está a mámoa GA36045039; a 40 metros cara ao sur tamén temos a mámoa GA36045040; e a 15 metros ao leste está a mámoa GA36045041.

Descrición

Esta mámoa chega aos 13 m de diámetro e 60 cm de altura.
O furado central mide 2,30 x 1,70 m. 
A pesar de estar esta mámoa tan estragada e descoidada, aínda podemos contar seis lousas no seu interior que formaban parte da cámara do dolmen.

Máis información

Galería de imaxes

Ficha do catálogo do PXOM de Redondela

Compárteo

Preme na icona do servizo polo que queiras compartir a páxina na que estás agora mesmo.

O autor

Avatar de Xosé Couñago

Xosé Couñago
Profesor e divulgador cultural