Localización
É a mámoa situada máis ao norte deste grupo que forma a chaira.
Está situada a 23 metros ao oeste do camiño que percorre este campo de mámoas.
A 30 metros ao suroeste divisamos a mámoa GA36045034, e a 40 metros ao sur está a mámoa GA36045035.

Descrición
Ten un diámetro de 19 m e unha altura de 1,40 m.
Nesta mámoa podemos contar ata sete chantos de pedra, entre os que están no seu interior e os que atopamos espallados polo túmulo. Polo, tanto, trátase dunha das poucas mámoas deste conxunto que conserva gran parte dos seus ortóstatos. Unha posta en valor adecuada sacaría á luz a importancia deste túmulo co conxunto de chantos que posúe.
Máis información
Galería de imaxes
Ficha do catálogo do PXOM de Redondela