Patrimonio cultural e lingua

Ruta 2 das mámoas de Monte Mirallo

2.5 km · Doada

Abrir en Google Maps

Nesta segunda ruta, partimos da denominada Mámoa do Rei, a máis emblemática e espectacular das mámoas que compoñen este conxunto da Chan da Cruz.

Atravesando esta extensa chaira, en dirección norte, discorre a pista forestal que observades na imaxe inferior.

A ambos os lados do camiño podedes visitar 25 mámoas seguidas, configurando un bosque de túmulos que se percibe claramente cando o monte está limpo e sen maleza.

Lamentabelmente, a mámoa indicada co número 25 no mapa desapareceu no ano 2011. Foi arrasada para crear unha explanada sen ningún obxectivo específico.

Tamén aproveitamos para visitar os gravados rupestres da Chan da Cruz, marcados co número 22 do noso percorrido.

Premendo sobre a seguinte imaxe da ruta, abrirase Google Maps e, dende esa aplicación, poderanse percorrer todos os puntos da ruta coa situación exacta de cada mámoa.

Ao premer sobre cada un dos puntos, abrirase un cadro de información cunha ligazón, nalgunhas das mámoas, a unha páxina web cunha descrición máis completa e detallada de cada unha delas.

Compárteo

Preme na icona do servizo polo que queiras compartir a páxina na que estás agora mesmo.

O autor

Avatar de Xosé Couñago

Xosé Couñago
Profesor e divulgador cultural