Patrimonio cultural e lingua

Mámoa GA36045086 (Castro Ferreiro 3)

Trasmañó, Redondela / Vixiador (monte Mirallo)

Localización

Esta mámoa próxima á zona do Vixiador, pertence á parroquia de Trasmañó. O lugar en que se encontra denomínas Coto Formiga ou Portocabeiro.

Está situada ao pé do camiño que conduce desde o Vixiador ata o campo de mámoas de Chan da Cruz.

Descrición

A densa vexetación que a recobre habitualmente dificulta a súa visión.

O túmulo ten un diámetro de 15 metros. A altura acada 1,10 metros.

Presenta un cono de espoliación que mide 3 metros de diámetro. Non se observan chantos de pedra no seu interior.

Máis información

Ficha do catálogo do PXOM de Redondela

Compárteo

Preme na icona do servizo polo que queiras compartir a páxina na que estás agora mesmo.

O autor

Avatar de Xosé Couñago

Xosé Couñago
Profesor e divulgador cultural