Patrimonio cultural e lingua

A Farrapada

Redondela, Redondela

No paseo por este barrio atoparemos vivendas con soportais, outras con elementos estruturais moi antigos, algunhas apoiadas sobre rocha nai, ao carón de casas vilegas e outras xa restauradas na actualidade.

SIGNIFICADO DO NOME

O seu nome Farrapada ou Esfarrapada provén da derivación da palabra ‘farrapo’, co significado de trapo ou roupa vella.

É un barrio de extramuros do que foi a vila amurallada da antigüidade.

Quizais o nivel social das familias que o habitaban na antigüidade levase a ese nome pola roupa que estaría pendurada a secar nos balcóns e fachadas das vivendas.

En Salceda de Caselas e en Ponte Caldelas atopamos tamén o topónimo Esfarrapada.

Hoxe en día, atoparemos un barrio con transformacións e melloras na habitabilidade das vivendas, con fachadas que dan mostra dunha nova identidade urbana, sen perder o sabor da súa tradición e das súas orixes.

CAMIÑO DE SANTIAGO

Na actualidade o Camiño de Santiago atravesa todo este barrio ata a saída da vila.

Por esta rúa principal da Farrapada pasan milleiros de peregrinos cada ano no seu camiñar cara a Compostela.

Compárteo

Preme na icona do servizo polo que queiras compartir a páxina na que estás agora mesmo.

O autor

Avatar de Xosé Couñago

Xosé Couñago
Profesor e divulgador cultural