ESTADO DE CONSERVACIÓN
O estado de conservación actual merece unha especial atención.
Os paneis de madeira están caendo e podrecendo, o tellado ten desprendementos e afundimentos que necesitan deter canto antes a entrada de augas.
Este canastro chama especialmente a atención polo lugar onde está situado, na confluencia de dúas antigas praciñas, e destaca por ser o único ao longo de toda esta rúa. Hoxe en día, perdida a súa utilidade inicial, resulta un elemento patrimonial e decorativo urbano que lle engade moita máis fermosura ao lugar en que se encontra.
Fonte de información: