Tanto as portas coma as ventás posúen lintel de arco rebaixado, o que lle confire unha completa harmonía ao conxunto.
Na fachada da rúa do Cabo dos Fumeiros posúe na parte inferior unha entrada para a bodega e outra para a vivenda, con dúas xanelas. Na parte superior posúe un balcón corrido ao logo de toda a fachada con catro portas.
O paso á fachada da rúa da Picota realízase mediante unha esquina en chafrán.
Na fachada da rúa da Picota presenta na planta baixa unha porta de entrada e dúas xanelas simétricas, e no andar superior podemos ver tres xanelas longas abalconadas.
Na parte superior do edificio presenta un beiril labrado en pedra todo ao longo do edificio. Mágoa do beirado superior do tellado, recente, que non gardou a harmonía do resto da vivenda.
![]() |
Picota de Presencio (Burgos) |
O topónimo Picota figura en 15 lugares de Galicia, 11 deles na provincia da Coruña.