O traballo de cantaría que se pode observar en toda a vivenda é dun alto refinamento. O realce que se consegue desde a base ata a parte máis alta do edificio léanos a fixarnos en detalles coma os arcos rebaixados escarzanos das portas e das ventás da planta baixa, ata o remate nos espléndidos balcóns corridos que arrodean as súas fachadas nos pisos superiores, xunto coa galería que coroa a planta máis alta.
Un pouco máis adiante pasaremos por diante das casas nas que viviron os redondeláns ilustres Alejandro Otero e Casto Sampedro, que identificaremos polas placas identificativas que teñen en cadansúa fachada, e ambas conservadas para a súa restauración.