Patrimonio cultural e lingua

Casas con soportais

Redondela, Redondela

Son as únicas vivendas  tradicionais que se conservan con esta estrutura de soportais na vila.

Interprétanse como casas mariñeiras, polo costume de aproveitar os soportais para gardaren os apeiros de pesca.

Os soportais en Galicia teñen, ademais, unha función protectora ante as inclemencias meteorolóxicas tan habituais no noso clima.

En Redondela existiron moitas vivendas con este tipo de soportais, que obedecían a ese dobre uso que acabamos de indicar, pero foron sendo substituídas por vivendas que prescindiron desta tipoloxía tan frecuente en moitas vilas mariñeiras galegas.

Quizais o feito de que Redondela fose deixando de ser unha vila abocada á actividade pesqueira, ao ir afastando o mar cada vez máis con aterramentos, ata perdelo completamente da vista paisaxística da vila puido influír na desaparición paulatina dos soportais das vivendas.

Compárteo

Preme na icona do servizo polo que queiras compartir a páxina na que estás agora mesmo.

O autor

Avatar de Xosé Couñago

Xosé Couñago
Profesor e divulgador cultural