Patrimonio cultural e lingua

Centro Sociocultural de Redondela

Redondela, Redondela

En 1918 a escola masculina que existía no  edificio do concello, que naquel momento se atopaba na actual Casa da Torre, trasladouse a este paseo da Xunqueira, e pasou a chamarse Grupo Escolar José Figueroa. O edificio de nova construcción fora cedido pola Asociación de Hijos de Redondela da que fora presidente o emigrante redondelán que lle deu nome. 

En 1920 o grupo divídese en dúas escolas graduadas (nenos e nenas) con tres seccións cada unha. Hoxe é empregado como centro da terceira idade. 

Club de xubilados

A principios do anos noventa do século pasado trasladouse a este local o club de xubilados que se atopaba na rúa da Ribeira.

José Figueroa


O filántropo José Figueroa, nado en Redondela, emigrou á Arxentina a mediados do s. XIX. Fixo fortuna e mandou construír un edificio para escolas de nenos e nenas que se inaugurou en 1918. Lamentablemente, el morreu en 1912 no Brasil, sen ver realizada a obra que promovera.

Fontes de información:

(imaxe interactiva)

Compárteo

Preme na icona do servizo polo que queiras compartir a páxina na que estás agora mesmo.

O autor

Avatar de Xosé Couñago

Xosé Couñago
Profesor e divulgador cultural