Patrimonio cultural e lingua

Fonte do Picho

Cesantes, Redondela

Localización

(Ver en Google Maps)

Esta fonte está situada no camiño do Picho, xunta á confluencia coa rúa da Torre de Calle e a estrada de Zacande.

Case en fronte localízase tamén o lavadoiro do Picho. Os dous elementos forman un conxunto etnográfico.

Descrición

A fonte está asentada sobre unha gran plataforma de pedra. No centro dispuxéronse dous grandes perpiaños encostados e acaroados. 

Sobre esta base, a modo de tampa, superpúxose un perpiaño en horizontal que recobre os dous perpiaños inferiores. 

Entre esta tampa e a base, sobresae un picho ou billote polo que sae a auga. O picho é o que lle dá nome á fonte e ao lavadoiro que se atopa preto da fonte.

Sobre a tampa presenta un coroamento decorativo con bordos lobulados e remate superior triangular. Na parte central figura o ano de construción enmarcado por un rebaixe cuadrangular: 1923.

Compárteo

Preme na icona do servizo polo que queiras compartir a páxina na que estás agora mesmo.

O autor

Avatar de Xosé Couñago

Xosé Couñago
Profesor e divulgador cultural