Patrimonio cultural e lingua

Mámoa de Chan das Pipas

Saxamonde, Redondela

 

Localización

(Ver en Google Maps)

Está mámoa pertence á parroquia de Saxamonde, e está situada na área de Chan das Pipas, no barrio de Casal do Monte, no lugar denominado As Mouras

Esta mámoa forma un conxunto de catro exemplares xunto coa mámoa de Santiaguiño de Antas, a mámoa dos Valos 1 e a mámoa dos Valos 2. Se existiron máis nesta chaira, tanto a construción dos campos de fútbol como das naves industriais se encargaron de arrasalas e facelas desaparecer.

Por outra banda, tamén hai que salientar que está a beira do Camiño Portugués de Santiago, na marxe leste, ao carón dunha área forestal de descanso.

Descrición

O diámetro norte-sur é de 22 metros e o diámetro leste-oeste é de 18 metros. 

A altura do túmulo é de 1,10 metros. 

Non contén ningún chanto de pedra no seu interior. Pode observarse o cono de espoliación, de entre 6 e 7 metros de diámetro e unha profundidade de 0,70 metros, resultante de abrir a mámoa pola parte superior e quitar todas as lousas que formaban a cámara mortuoria. Tampouco se observan elementos que puidesen pertencer á coiraza pétrea do túmulo.

Sobre o túmulo de terra que cubría a cámara do dolmen medran algunhas árbores e arbustos que sería necesario eliminar para que non deformen a mámoa coas súas raíces e que non sufra ningunha agresión nos traballos forestais que se realicen.

A masa tumular tamén está afectada polo camiño forestal que pasa á súa beira na súa zona oeste. 

Galería de imaxes

Nesta ligazón podedes acceder a unha galería de imaxes da mámoa dos Valos 1

Compárteo

Preme na icona do servizo polo que queiras compartir a páxina na que estás agora mesmo.

O autor

Avatar de Xosé Couñago

Xosé Couñago
Profesor e divulgador cultural