Para localizar o lugar deste túmulo, tomamos como referencia a denominada Mámoa do Rei. Dende aquí parte un camiño en dirección norte que atravesa lonxitudinalmente esta chaira onde se atopa o conxunto megalítico.
Ao final da pista de terra chegamos a unha encrucillada na que nos dirixiremos ao leste cara a unha liña de alta tensión. Á altura da primeira torreta, ao outro lado do camiño, estaba localizada esta mámoa, apenas a 10 m de distancia da seguinte mámoa que está ao seu carón, tal como se aprecia na imaxe superior.
Descrición
No momento en que se redacta este artigo, xaneiro de 2011, aínda é perfectamente perceptíbel o lugar en que se atopaba esta mámoa ata hai uns meses.
Podemos apreciar a gran zona circular terrosa, arrodeada de herba, que deixou como marca o arrasamento que sufriu; así o evidencia a circunferencia que forma o perímetro do túmulo.
Esta mámoa estaba catalogada oficialmente co número que aparece no título deste artigo, e de acordo cos datos correspondentes a esa catalogación podemos informar das dimensións que tiña no momento da súa desaparición.
Os seus diámetros eran de 17,20 x 15,25 m respectivamente, unhas dimensións que a achegaban ás grandes mámoas desta montaña. a altura do túmulo conservado apreciábase claramente dende o camiño aínda que só conservase 60 cm de altura no seu lado norte. Ao estar situada nunha zona chá, era claramente perceptíbel.
Na parte central do túmulo contiña o típico furado central no que non se conservaban, aparentemente, chantos pertencentes á cámara funeraria do interior.
Espallados pola a mámoa sobresaían numerosos cachotes pertencentes á coiraza do túmulo, esas capas consecutivas de terra e cachotes de pedra coas que se lle daba firmeza e consistencia ao túmulo que cobre as grandes lousas interiores que forman o dolmen.
Agora mesmo, estes cachotes pertencentes á coiraza están arrombados nun recanto do terreo amoreados de calquera xeito.
Nunha pescuda visual superficial polo interior do espazo que ocupou a mámoa apareceu a flor de terra un machado pulimentado neolítico. Este machado formou parte das ofrendas ou do enxoval que acompañou a algunha das persoas enterradas nesta tumba. Nestas dúas imaxes pode verse o machado no propio lugar de localización. Na imaxe precedente ocupa o primeiro plano da fotografía, coa torreta ao fondo.
Valoración final
Que aparecese un machado íntegro daquela época na superficie da terra que antes pertencería ao fondo da mámoa fainos pensar na cantidade de material neolítico que se puido perder nesta agresión patrimonial. Normalmente estes obxectos de gran valor arqueolóxico e antropolóxico para coñecermos a forma de vida e crenzas que posuían os seres humanos de hai uns seis mil anos aparecen ao longo do corredor de entrada ao centro da mámoa e no interior do propio dolmen. Toda unha perda que xa é irreversíbel.
De todos os xeitos, aínda se debería realizar unha prospección de urxencia no lugar que ocupaba para poder rescatar calquera outro obxecto ou utensilio que puidese quedar soterrado a maior profundidade. Descoñecemos cal sería o fondo orixinal da mámoa. A rasante actual non ten por que coincidir, coa inicial de cando foi erixida.
Pensemos e tomemos conciencia de que a mámoa que tan iloxicamente foi destruída era máis antiga cas as propias pirámides de Exipto. Este templo funerario que agora perdemos de monte Mirallo foi construído uns dous mil anos antes ca as primeiras pirámides dos faraóns.
Monte Mirallo ten un conxunto de máis de corenta monumentos funerarios deste tipo. Se estivesen convenientemente conservados, escavados e postos en valor como o están as pirámides, deixariamos de mirar univocamente para fóra e valorariamos máis os grandes tesouros que posuímos dentro do no noso concello.
Este é un labor que implica unha toma de responsabilidade real das administracións en colaboración coas comunidades de montes.
Este conxunto tumular do neolítico, e en particular esta mámoa irremediabelmente desaparecida, é patrimonio de todos, non é unha propiedade particular de ninguén.
Empréganse as cookies mínimas necesarias para garantir unha experiencia segura nos comentarios. Revisa a política de privacidade para máis información.
Functional
Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Statistics
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes.The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.