Patrimonio cultural e lingua

Mámoa GA36045033

Trasmañó, Redondela

Localización

É a mámoa situada máis ao norte deste grupo que forma a chaira.

Está situada a 23 metros ao oeste do camiño que percorre este campo de mámoas.

A 30 metros ao suroeste divisamos a mámoa GA36045034, e a 40 metros ao sur está a mámoa GA36045035.

Descrición

Ten un diámetro de 19 m e unha altura de 1,40 m.

Nesta mámoa podemos contar ata sete chantos de pedra, entre os que están no seu interior e os que atopamos espallados polo túmulo. Polo, tanto, trátase dunha das poucas mámoas deste conxunto que conserva gran parte dos seus ortóstatos. Unha posta en valor adecuada sacaría á luz a importancia deste túmulo co conxunto de chantos que posúe.

Máis información

Galería de imaxes

Ficha do catálogo do PXOM de Redondela

Compárteo

Preme na icona do servizo polo que queiras compartir a páxina na que estás agora mesmo.

O autor

Avatar de Xosé Couñago

Xosé Couñago
Profesor e divulgador cultural