Localización
Esta mámoa está situada a 80 metros da pista de terra.
Forma un conxunto con outras cinco mámoas desta mesma contorna.
Ao seu arredor podemos distinguir a 80 metros ao suroeste a mámoa GA36045038,cortada polo camiño; a 30 metros ao oeste divisamos a mámoa GA36045039; a 15 metros cara ao oeste tamén temos a mámoa GA36045042; e a 20 metros ao suroeste está a mámoa GA36045040.

Descrición
Ten uns 15 m de diámetro e 75 cm de altura.
A vexetación pode impedir a súa localización, xa que sobresae pouco en altura sobre o terreo.
Non conserva ningún chanto de pedra no interior.
Máis información
Ficha do catálogo do PXOM de Redondela