Localización
Esta mámoa está situada a 45 metros da pista de terra.
Forma un conxunto con outras cinco mámoas desta mesma contorna.
Ao seu arredor podemos distinguir a 60 metros ao suroeste a mámoa GA36045038,cortada polo camiño; a 15 metros ao suroroeste está a mámoa GA36045039; a 40 metros cara ao sur tamén temos a mámoa GA36045040; e a 15 metros ao leste está a mámoa GA36045041.

Descrición
Esta mámoa chega aos 13 m de diámetro e 60 cm de altura.
O furado central mide 2,30 x 1,70 m.
A pesar de estar esta mámoa tan estragada e descoidada, aínda podemos contar seis lousas no seu interior que formaban parte da cámara do dolmen.
Máis información
Ficha do catálogo do PXOM de Redondela