Patrimonio cultural e lingua

Mámoa GA36045043

Trasmañó, Redondela

Localización

Esta mámoa sitúase a 160 metros ao norte da mámoa do Rei e a apenas 28 metros do camiño que percorre esta extensa chaira neolítica.

Preto desta mámoa tamén se sitúan outras sete mámoas: a 50 m ao noroeste está a Mámoa  GA36045037; xusto 30 m ao norte vese a Mámoa GA36045036; 50 m ao nordés está a Mámoa GA36045035; 45 m tamén ao nordés está a Mámoa GA36045038, cortada pola metade polo camiño; ao sur, ten moi próxima da pequena Mámoa GA36045044; 50 m ao sueste está a Mámoa GA36045045; e 60 m ao oeste sitúase a Mámoa GA36045075.

Descrición

Ten un diámetro grande que chega aos 29 m e unha altura de 1,25 m. Estamos, polo tanto ante unha das grandes mámoas desta chaira neolítica. Unha boa parte das mámoas que a arrodean tamén están en medidas que se achegan ao 30 m de diámetro.

No centro localízase un cono de espoliación de 4,25 x 5,10 m e 0,80 m de fondo. Nel afloran restos graníticos de variado tamaño pertencentes á arquitectura orixinal ou ao seu revestimento. O terreo, alterado por tobos, amosa unha terra fina de cor parda clara.

Máis información

Galería de Imaxes

Ficha do catálogo do PXOM de Redondela

Compárteo

Preme na icona do servizo polo que queiras compartir a páxina na que estás agora mesmo.

O autor

Avatar de Xosé Couñago

Xosé Couñago
Profesor e divulgador cultural