Localización
Esta mámoa está situada a 125 m ao norte da mámoa do Rei e a 25 m ao oeste do camiño que percorre esta campo de mámoas.
Tamén a podemos ver moi próxima, a 20 m de distancia da Mámoa GA36045043, e a 30 m da Mámoa GA36045045.
Descrición
Esta mámoa é de pequeno tamaño, mide uns 13 m de diámetro e o seu túmulo sobresae nada máis que uns 50 cm sobre a superficie.
O que destaca sobre o terreo é o feito de conservar no seu interior só unhas das pedras que conformarían a cámara. O seu tamaño é considerable: 2,20 m de longo e 1,10 m de altura á vista.
Esta lousa da cámara é a que corresponde á cabeceira. Se se observa con atención, podemos decatarnos de que a súa orientación é cara ao leste. Hai que pensar que todas as demais lousas que formarían a cámara rematarían nun corredor que estaría orientado, polo tanto, cara ao nacente do sol.
Na parte central, pode verse outra lousa tirada en horizontal, apenas visible pola vexetación. Mide 0,77 m x 0,62 m.
Máis información
Ficha do catálogo do PXOM de Redondela
