Patrimonio cultural e lingua

Mámoa GA36045045

Trasmañó, Redondela

Localización

Esta mámoa pertence á Ruta 2 da mámoas de Monte Penide.

Está situada a 120 m ao norte da mámoa do Rei. Ocupa un lugar central entre varias mámoas que a arrodean.

Está a 40 m da Mámoa GA36045075; 60 m da Mámoa GA36045047; e 50 m da Mámoa GA36045044.

Descrición

Ten unhas considerables dimensións, xa que chega aos 20 m de diámetro, aínda que o túmulo só sobresae 1 m de altura da superficie do terreo. Non conserva ningunha lousa no seu interior.

Presenta un cono central de espoliación que acada os 4,5 m de diámetro.
O poste de pedra de granito que hai preto desta mámoa forma parte dunha liña de marcos divisorios entre as parroquias de Negros e Trasmañó.

Máis información

Galería de imaxes

Ficha do catálogo do PXOM de Redondela

Compárteo

Preme na icona do servizo polo que queiras compartir a páxina na que estás agora mesmo.

O autor

Avatar de Xosé Couñago

Xosé Couñago
Profesor e divulgador cultural