Patrimonio cultural e lingua

Mámoa GA36045046

Trasmañó, Redondela

Localización

Está situada no extremo occidental deste campo de mámoas formado por 26 túmulos, a 200 metros da mámoa do Rei.

Pertence á parroquia de Trasmañó.

Descrición

Ten un diámetro de 21,50 m e unha altura do túmulo que chega a 1,75 m.

O cono central de espoliación mide 3,40 m de anchura e 0,60 de profundidade.

As apreciables dimensións que presenta fana facilmente recoñecible desde a distancia.

Mágoa que malia o tamaño tumular que conserva, non lle deixasen xa ningún chanto de pedra no seu interior.

Máis información

Galería de imaxes

Ficha do catálogo do PXOM de Redondela

Compárteo

Preme na icona do servizo polo que queiras compartir a páxina na que estás agora mesmo.

O autor

Avatar de Xosé Couñago

Xosé Couñago
Profesor e divulgador cultural