Localización
Pertence ao itinerario da Ruta 1 das mámoas de Monte Penide proposta nesta web.
Tomamos como referencia a estrada asfaltada e podemos vela a 20 metros de distancia cara ao interior do monte.

Descrición
As dimensións diametrais son de 10,50 m e 75 cm de altura.
Presenta o característico cono de espoliación na zona central.
Trátase dunha mámoa de tamaño pequeno, comparada coa media das mámoas desta chaira que roldan os 15 m de diámetro.
No centro presenta unha abertura cónica que ocupa a metade da súa dimensión total.

Estado de conservación
A vexetación herbácea que arrodea este túmulo é moi mesta e abundante, o que a mantén completamente cuberta e de difícil visión e identificación.
Máis información
Ficha do catálogo do PXOM de Redondela