Patrimonio cultural e lingua

Rúa de Telmo Bernárdez

Redondela, Redondela

A vivienda máis salientable é a que lle pertenceu ao home que lle dá nome a esta rúa: Telmo Bernárdez.

Está formada por baixo e dous andares. 

A fachada está profusamente decorada, tanto no almofadado dos perpiaños coma nas decoracións das portas e balcóns, ata o singular remate con galería e balcóns do andar superior. Desde a súa base ata o cumio garda unha fermosa simetría de vans e distribucións dos elementos que compoñen a fachada.


Na planta inferior conta con cinco portas arcos achatados escarzanos, con pedra labrada en cada unha delas, tanto nas xambas coma nos arcos.

O primeiro andar está composto por cinco balcóns, en correspondente simetría coas portas inferiores, sostidos por ménsulas decoradas con formas de quilla con acanaladuras, sacado a ménsula central, que está composta por unha voluta en espiral cunha flor sobre ela. As portas dos balcóns son iguais ás portas da planta inferior, o que forma un conxunto de dez portas de moi fermosa feitura e decoración.

O segundo andar está composto por unha gran galería central acristalada sostida por tres ménsulas cunha curiosa decoración de ramas estendidas. A ambos os lados da galería ábrense cadanseu balcón, dándolle unha fermosa simetría a esta planta superior.


OUTRA INFORMACIÓN

Telmo Bernárdez Santomé (Redondela, 1885 – A Caeira, Pontevedra, 1936), un ilustre redondelán que foi concelleiro e alcalde de Redondela, admirable profesional da medicina, redactor de periódicos locais “La opinión” , “Gente nueva” e doutros; “médico dos pobres”, líder agrarista, xuíz e fiscal municipal entre os anos 1910-1917, republicano e galeguista… Trala sublevación de xullo de 1936 foi detido e encarcerado en Vigo, San Simón e Pontevedra. Sometido a xuízo sumarísimo, foi condenado á pena de morte por traizón. Fusilárono en Pontevedra o día 12 de novembro de 1936, a súa morte foi rexistrada como “a causa de hemorraxia interna”.

Compárteo

Preme na icona do servizo polo que queiras compartir a páxina na que estás agora mesmo.

O autor

Avatar de Xosé Couñago

Xosé Couñago
Profesor e divulgador cultural