Patrimonio cultural e lingua

Camiño Portugués de Santiago por Redondela

11.5 km · Doada

Abrir en Google Maps

Ofrecemos nesta ligazón unha guía cultural dos lugares emblemáticos do Camiño Portugués ao seu paso polo concello de Redondela.

Son 11,5 km, de sur a norte, desde a capela de Santiaguiño de Antas en Mos (punto 1) ata o alto do Outeiro en Soutoxuste, no límite con Soutomaior.

Para os peregrinos que pernocten en Redondela tamén se inclúe unha visita detallada pola vila, resaltada noutra cor diferente, con medio centenar de lugares, edificios e monumentos de interese comentados.

Ao premer sobre a ligazón, abrirase Google Maps con todos os puntos do Camiño. Pulsando sobre cada punto, aparecerá o seu nome e poderemos acceder a unha breve explicación cunha ligazón a unha web con información máis completa e detallada de cada punto do Camiño.

Ao longo do Camiño ofrécense variantes alternativas ben indicadas máis seguras para non atravesar zonas perigosas de tráfico.

Tamén aparecen indicados os albergues que hai no concello co contacto de cada un.

Se queredes gardar no voso Google Maps este percorrido, podedes premer na estreliña que tendes á dereita do título, ao lado da palabra Redondela, do mapa seguinte:

Compárteo

Preme na icona do servizo polo que queiras compartir a páxina na que estás agora mesmo.

O autor

Avatar de Xosé Couñago

Xosé Couñago
Profesor e divulgador cultural