
Distancia total: 3 km
Lugares de saída:
Esta primeira ruta para coñecer as mámoas de Monte Mirallo esténdese entre o campo de fútbol de Cabeiro e a Mámoa do Rei. Pódese saír desde calquera destes dous puntos seguindo o percorrido marcado en Google Maps.
As mámoas que conforman toda esta chaira son en total 35.
Decidimos dividir a ruta completa en dúas partes. Nesta primeira ruta poderedes visitar 12 mámoas.
Cada un dos puntos que marcan a situación das mámoas conta cunha pequena información inicial e unha ligazón para ampliar en máis detalle a información.
Premede sobre o mapa seguinte para abrir a ruta en Google Maps:
