Propoñemos unha pequena ruta arqueolóxica polo alto de Monte Mirallo, pola divisoria das parroquias de Trasmañó, Cedeira e Negros, que conflúen no cimo desta montaña.
Ruta breve circular de 4 km.
Punto de partida: mámoa do Rei
Duración: 3 horas aproximadamente.
Nesta ruta podemos visitar un resumo dos tres principais momentos da prehistoria presentes en Monte Mirallo: o Neolítico (conxunto de mámoas), a Idade o do Bronce (gravados rupestres da Chan da Cruz e do Coto do Corno) e a Idade do Ferro (castro de Negros).
Cada un dos puntos aparece detalladamente descrito, con ligazóns a información máis ampliada.
Premede sobre o mapa seguinte para acceder á ruta en Google Maps.
