
Ruta circular de 14 km de lonxitude.
Hai tres áreas recreativas para descansos.
A ruta pódese iniciar e rematar nos parques forestais do Vixiador (Vigo) ou da Poza da Lagoa (Cedeira, Redondela), así como no campo de fútbol de Cabeiro (Redondela).
Cada punto numerado no mapa conta cunha ligazón a unha páxina web cunha descrición máis completa.
Faremos un percorrido pola maioría dos lugares arqueolóxicos desta montaña. Comprende os tres principais momentos da nosa prehistoria: o Neolítico, con máis de corenta mámoas de hai uns 6.000 anos de antigüidade; a Idade do Bronce, con varias estacións de gravados rupestres de arredor de 4.000 anos de antigüidade; e a Idade do Ferro, co castro de Negros, de máis de 2.000 anos de antigüidade.
Premede sobre o mapa seguinte para acceder á ruta en Google Maps:
