Patrimonio cultural e lingua

Tallista José Fernández “Sesé”

Redondela, Redondela

No eido da súa casa en Vilavella podemos contemplar unha parte da súa obra en exposición ao aire libre.

Destacan dúas das súas figuras máis repetidas e representativas:

O Xan Carallás. Unha figura ficticia representativa da iconografía de personaxes populares de Redondela na actualidade. Como escultura naceu a partir dun debuxo realizado por Castelao sobre o ano 1930 por petición dun grupo de amigos de Redondela que formaban unha peña. A inscrición que levan as figuras de Xan Carallás, en cambio, é do ano 1900, tal como apareceu na publicación Vida Social de Vigo:

Aquí fas quen sempre fas.

Aquí fas quen sempre vela.
Aquí fas, Xan Carallás.
Fundador de Redondela.

E a emblemática Coca, da que xa falamos cando nos referimos á celebración do Corpus en Redondela.

Xunto a estas dúas figuras emblemáticas tamén podemos ver dúas grandes rodas de carro, unha gaita e, xa como obra de cantería en pedra, un cruceiro tradicional galego.

A continuación reproducimos a recensión biográfica do estudoso redondelán Juan Migueles que figura na súa sempre interesante web Anecdotario Redondelán:

Os irmáns “Sesé (20-03-1914) e Benito (21-03-1916), naceron en Santa Mariña, Redondela. Xuntos abriron o taller de carpintería “Hermanos Fernández”, no que formarían a outros bos ebanistas, como Antonio Martínez Álvarez “Tonacho” e Manuel Alonso “Fallusca”.

Participaron en numerosas exposicións, e recibiron nos anos 40 e 50 varios premios a nivel provincial tanto de forma conxunta como individualmente. Foron fundadores da Peña de Xan Carallás, realizando Sesé o Xan Carallás de madeira que se convertería na “mascota” da peña. Obra do seu taller foi a representación das ánimas do cruceiro de Pasais, sustituída nos anos 80 por outra realizada por Sesé, que tamén realizaría varios traballos para a capela de Santa Mariña.

Benito casaría en Pontevedra creando alí o seu propio taller, mentres que Sesé seguiría en Redondela, tallando “Xan Carallases”, “Cocas” e cadros de debuxos de Castelao entre outros”.

FONTE DE INFORMACIÓN

Anecdotario Redondelán

(imaxe interactiva)

Compárteo

Preme na icona do servizo polo que queiras compartir a páxina na que estás agora mesmo.

O autor

Avatar de Xosé Couñago

Xosé Couñago
Profesor e divulgador cultural