Patrimonio cultural e lingua

Tenda da Loura

Redondela, Redondela

 

Esta tenda tradicional está situada na rúa do Padre Crespo, antigamente chamada o “Funil” de Redondela porque era unha rúa tan estreita que apenas podían cruzarse dous vehículos ao mesmo tempo.

É unha das dúas tendas tradicionais que existen na vila, xunto coa tenda da Regueira, na rúa de Telmo Bernárdez. Ambos os propietarios manteñen un parentesco entre si na actualidade. Hai que constatar que na antigüidade existiron moitas tendas tradicionais na vila, e moitas delas eran parentes entre si, por continuidade de liñas familiares dedicadas a esta actividade. 

A tenda da Loura mantén a liña familiar en activo desde o ano 1928, cando Carmen a Loura colleu o traspaso do negocio. Esta liña familiar mantívose ata a actualidade en que o seu neto Agustín “Loura” Lobera leva o negocio familiar. O alcume Loura provén da bisavoa do actual propietario, que era unha muller moi loura. De feito, o símbolo que se expón pola tenda é o pano da cabeza que se garda como imaxe da bisavoa, a Loura.

A tenda combina a venda do produto de proximidade e do pequeno produtor da contorna, por unha parte, e tamén do produto comercial de calidade, por outra, mantendo un perfecto equilibrio que chegue a todos os gustos e demandas. 

Na parte traseira da tenda crearon unha zona atractiva de degustación de produtos que serve de reunión e faladoiro ao redor dos mellores momentos de encontro.
É unha visita indispensable e interesante para coñecer os cultivos e produtos máis ecolóxicos propios da nosa contorna e do resto de Galicia.

(imaxe interactiva)

Compárteo

Preme na icona do servizo polo que queiras compartir a páxina na que estás agora mesmo.

O autor

Avatar de Xosé Couñago

Xosé Couñago
Profesor e divulgador cultural