O 7 de marzo de 1882 comezaron as obras de levantamento das cepas de pedra do viaduto.
A lonxitude férrea que sobrevoa a vila ten 150 metros. O van central mide 57,5 metros de lonxitude, e os laterais 46 metros cada un.
Grazas ás dúas pontes ferroviarias que a atravesan, Redondela e coñecida como a “vila dos viadutos” e son as dúas principais iconas que identifican a vila de Redondela.
As pezas metálicas que constitúen toda a armazón son de ferro laminado en celosía sobre base de pedra e foron fabricadas en Cataluña pola compañía Maquinista Terrestre y Marítima de Barcelona, unha empresa que chegou a construír máis de catrocentas obras deste estilo durante o último cuarto do século XIX. O ferro laminado constituía un gran avance sobre os materiais anteriores: a madeira e a fundición.
Outra ponte, continuadora desta, camiño de Pontevedra, foi a de Pontesampaio, sobre o río Verdugo, entre os concellos de Soutomaior e Pontevedra. Foi construída pola mesma empresa e realizada coa mesma técnica metálica.
A locomotora que realizou aquel primeiro paso pola ponte chamábase “Pontevedra”, e aínda hoxe segue en funcionamento.
![]() |
Inauguración da liña Redondela-Pontevedra |
Noutra imaxe antiga amósase a inauguración da liña Redondela-Pontevedra na que tamén se pode ver a locomotora “Pontevedra”. A máquina estaba adornada cos escudos de armas da cidade e de Barcelona, bandeiras, gallardetes e guirlandas.
- Guíate Galicia
- Wikimedia.org (imaxe)
- Entre Lusco e Fusco (imaxe)
- TurVilagarcía