Entrar na tenda da Regueira é recrearse nos antigos sabores destes comercios que frecuentaban na antigüidade as persoas que habitaban esta vila.
Ademais desta tenda tradicional, existe unha segunda tenda, A Loura, na rúa do Padre Crespo, que se mantén no mesmo lugar orixinal. Ambas as tendas conxugaron a forma de adaptarse aos tempos actuais ofrecéndonos unha nova forma de mercarmos os produtos tradicionais da terra.
Ao longo do século XX existiron moitas tendas na vila, mais estas son as últimas que quedan mantendo esa fasquía de outrora.
Na páxina web de Juan Migueles (Anecdotario Redondelán) podedes acceder a toda a información detalladas sobre as datas e as persoas que as rexentaron.
Fonte de información:
(imaxe interactiva)