Patrimonio cultural e lingua

Mapa turístico da vila de Redondela

3 km · Doada

Abrir en Google Maps

Redondela é unha vila con encanto e historia. A súa orografía e composición urbana permiten un paseo no que atopar e admirar diferentes elementos da nosa historia que compoñen un relato de como se foi contruíndo e desenvolvendo o noso centro urbano ao longo dos anos.

Aquí vos ofrecemos 50 lugares para visitar na nosa vila. Están secuenciados mediante números para poder realizar unha visita ordenada por todos os lugares explicados. Este paseo está pensado para realizar co móbil na man, guiándose mediante Google Maps. Cada punto do mapa contén unha breve introdución e, a continuación, unha ligazón para entrar en páxinas web que amplían e detallan toda a información sobre cada un dos elementos.

Premede sobre este mapa para acceder ao percorrido en Google Maps:

Se queredes gardar no voso Google Maps este percorrido, podedes premer na estreliña que tendes á dereita do título, ao lado da palabra Redondela, do mapa seguinte:


Puntos da ruta

1

Aparcadoiro e inicio

decembro 26, 2020 Aparcadoiro Este aparcadoiro libre discorre ao longo da beira do río Alvedosa e remata ao carón da depuradora de augas. (imaxe interactiva)…

2

Paseo da Portela

Miradoiro sobre a enseada da Portela Achegámonos a este punto desde onde contemplar a desembocadura dos ríos Alvedosa e Pexegueiro e a entrada na enseada…

3

Capela de Santa Mariña

 Fachada Podemos apreciar unha típica portada de estilo barroco con catro columnas estriadas embebidas na fachada, xa que forman parte do muro da propia fachada…

4

Fonte do Mouro

Descrición A parte inferior presenta un cadrado enmarcado noutra forma cuadrangular lisa que remata na súa parte superior con dúas volutas unidas cunha pequena forma…

5

Viaduto de Pontevedra

O 7 de marzo de 1882 comezaron as obras de levantamento das cepas de pedra do viaduto. A inauguración tivo lugar o 30 de xuño…

6

Casa da rúa do Cabo dos Fumeiros

A rúa na que se atopa esta casa chámase Cabo dos Fumeiros pola súa proximidade ao antigo cabo dos Fumeiros. A denominación de fumeiros pode…

7

Canastros de Redondela

A súa tipoloxía é a propia das Rías Baixas, con combinación de pedra e madeira nos paneis laterais, ou realizados integramente en pedra. Os que…

8

Casa da Fontana

Descrición Tanto as portas coma as ventás posúen lintel de arco rebaixado, o que lle confire unha completa harmonía ao conxunto. Na fachada da rúa…

9

A Farrapada

No paseo por este barrio atoparemos vivendas con soportais, outras con elementos estruturais moi antigos, algunhas apoiadas sobre rocha nai, ao carón de casas vilegas…

10

Casa de estilo mariñeiro

Destaca o balcón corrido por toda a fachada sostido por catro ménsulas con dobre pedra torneada.  A vivenda Conserva aínda o antigo caleado, propio das…

11

Casas con soportais

Son as únicas vivendas  tradicionais que se conservan con esta estrutura de soportais na vila. Interprétanse como casas mariñeiras, polo costume de aproveitar os soportais…

12

Canastro da Farrapada

ESTADO DE CONSERVACIÓN O estado de conservación actual merece unha especial atención. Os paneis de madeira están caendo e podrecendo, o tellado ten desprendementos e…

13

Casas vilegas da rúa do Cruceiro

A maioría das vivendas están adaptadas aos tempos actuais convivindo con fasquías tradicionais características da vila, con baixo e primeiro andar con balcón corrido ao…

14

Casa con figuración

  Este elemento decorativo conserva na actualidade a feitura de arco conopial, caracterizado pola forma sinuosa que remata nun apuntamento central. No interior dese bordo…

15

Porta da Vila

Podemos entender que para un lado e outro desta porta discorría a antiga muralla que envolvía o centro histórico. Cara ao oeste desapareceu baixo as…

16

Rúa de Telmo Bernárdez

Descrición A vivienda máis salientable é a que lle pertenceu ao home que lle dá nome a esta rúa: Telmo Bernárdez. Está formada por baixo…

17

Tenda da Regueira

Entrar na tenda da Regueira é recrearse nos antigos sabores destes comercios que frecuentaban na antigüidade as persoas que habitaban esta vila. Ademais desta tenda…

18

Muralla da vila

Primeiro tramo da muralla Consérvanse, nun primeiro tramo, estes cincuenta metros de parapeto que nos dan unha idea de como puido ser a antiga muralla.…

19

Casa masónica

A porta que aparece no chafrán desta fermosa vivenda de balcóns corridos presenta  dúas follas. Na folla da nosa dereita presenta as seguintes tallas: Unha…

20

Casa Grande do Carballo

 A denominación de lugar do Carballo fai referencia á existencia noutro tempo neste lugar dalgún carballo que, ademais, tivo que ser significativo, porque existen referencias…

21

Cruceiro do Carballo

Hai varios elementos que chaman a nosa atención ante a contemplación deste cruceiro, desde a base ata a perfección das figuras da cruz. A base…

22

Peto de ánimas do cemiterio dos Eidos

Non se pode saber con certeza a data de realización do peto de ánimas orixinal, xa que este, de madeira, foi roubado a principios dos anos…

23

Cemiterio dos Eidos

Ata o s. XIX as persoas mortas na vila eran enterradas no adro da igrexa de Redondela. A partir de 1855 construíuse este cemiterio no…

24

Igrexa de Santiago de Redondela

  Redondela forma parte do Camiño portugués de Santiago, de aí a advocación ao nome da parroquia da vila: Santiago de Redondela. Durante a Idade…

25

Praza da Alfóndega

En Redondela adoita pronunciarse tamén como praza da Alfóndiga. A palabra alfóndega refírese aos establecementos ou espazos públicos dedicados á compra e venda de cereais (millo, trigo, palla…).…

26

Casa dos Prego de Montaos ou da Alfóndega

  É una casa con forma irregular, erixida no século XVI pola familia nobiliaria dos Prego de Montaos. O balcón ten unha fermosa feitura redondeada…

27

Casa da Torre

O edificio presenta baixo e planta superior, menos na fachada, na que se eleva unha torre (que lle dá o seu nome) con dúas plantas.…

28

Cruceiro e peto de ánimas dos Pasais

Na vila hai dous cruceiros con petos de ánimas: este dos Pasais e mais o cruceiro da praza de Ponteareas, en Vilavella. O cruceiro que…

29

Rúa de Reveriano Soutullo

A rúa leva o nome dun dos músicos máis célebres que deu Galicia para o mundo: Reveriano Soutullo (1880-1932) Naceu circunstancialmente en Ponteareas, pero pasou…

30

Casa dos Torrado

O traballo de cantaría que se pode observar en toda a vivenda é dun alto refinamento. O realce que se consegue desde a base ata…

31

Concello vello da vila

Fachada principal Historia Este edificio foi a primeira casa do concello que tivemos na vila. É un edificio que se pode situar a finais do…

32

Praza da Constitución de 1812

Antigamente chamábase praza do Estaleiro, xa que o mar chegaba ata este lugar e aquí habería naquel tempo un estaleiro, como o seu nome indicaba.…

33

Edificio do concello

O edificio do concello foi construído entre os anos 1952-1955. Presenta un estilo rexionalista herdado da liña estilística desenvolvida polo arquitecto Gómez Román nos anos…

34

Rúa Afonso XII

A construción desta rúa no novo ensanche da vila levou consigo tamén a edificación de novos edificios adaptados aos momentos de finais do XIX. Vivendas…

35

Edificio Royalti

O baixo deste edificio foi concibido desde a súa orixe como café. O nome actual provén do ano 1925. A partir de 1928 era coñecido popularmente…

36

Praza da Farola

Na Idade Media existiu aquí unha ponte que atravesaba o río e que comunicaba coa Vilavella. Temos que imaxinar a beleza deste lugar, por onde…

37

Pazo de Petán

A súa orixe remóntase ao século XVII, fundado pola coñecida liñaxe redondelán dos Prego de Montaos. Esta mesma familia foi a fundadora tamén do convento…

38

Viaduto de Ourense

Vila dos viadutos Grazas ás dúas pontes ferroviarias que a atravesan, Redondela é coñecida como a “vila dos viadutos”, e son as dúas principais iconas…

39

Tenda da Loura

  Esta tenda tradicional está situada na rúa do Padre Crespo, antigamente chamada o “Funil” de Redondela porque era unha rúa tan estreita que apenas…

40

Cruceiro e peto de ánimas de Vilavella

xaneiro 08, 2021 Toda esta praza de Ponteareas formou no seu tempo un fermoso conxunto no que ao noso arredor aínda quedan testemuños deste emblemático…

41

Tallista José Fernández “Sesé”

No eido da súa casa en Vilavella podemos contemplar unha parte da súa obra en exposición ao aire libre. Destacan dúas das súas figuras máis…

42

Cruceiro da casa de Sesé

Localización Este cruceiro está situado dentro do patio da casa do falecido artista redondelán Sesé. Encóntrase rodeado doutras obras artísticas que decoran este patio.  A…

43

Convento de Vilavella

O conxunto completo que pode verse na actualidade é a suma de diversos engadidos que se estenderon ata o século XX. O convento edificouse durante…

44

A Xunqueira

Nesta imaxe pódese apreciar como era na antigüidade todos este espazo que temos ante nós. As lavandeiras acudían a este lugar para lavaren directamente no…

45

Centro Sociocultural de Redondela

En 1918 a escola masculina que existía no  edificio do concello, que naquel momento se atopaba na actual Casa da Torre, trasladouse a este paseo…

46

Muro de Berlín

A principios da década dos anos 90  do século pasado, Manuel A. Figueroa Suárez cedeulle ao Concello de Redondela dúas pezas do muro Berlín que…

47

Casa indiana Villa Elisa

Nesta casa grande viviu un dos alcaldes que tivo Redondela a comezos do século XX: Avelino Giráldez. As chamadas casas indianas reciben este nome por…

48

Alameda

A alameda Castelao constitúe un exemplo de zona axardinada e arborada composta de elementos propios da estética galega. O seu deseñador foi un prestixioso creador…

49

Praza de Santiago Apóstolo

No centro desta praza destaca a fonte de Santiago. Esta artística fonte de elevada fasquía foi realizada polo canteiro Bertoldo de Xeve. Esta composta por…

Compárteo

Preme na icona do servizo polo que queiras compartir a páxina na que estás agora mesmo.

O autor

Avatar de Xosé Couñago

Xosé Couñago
Profesor e divulgador cultural